miércoles, 29 de abril de 2020

ORTOGRAFÍA (5º. e 6º. EP)

Agora vamos repasar a ortografía. Lede atentamente a palabra  e pensade  un pouquiño antes de contestar. 

CATEGORÍAS GRAMATICAIS

Neste apartado atoparedes un pequeno cuaderniño onde están explicadas todas as categorías gramaticais. Serviravos para repasar os contidos deste ano como para telo de reforzo para anos vindeiros.

FRACCIÓNS (5º. e 6º. EP)

Hoxe toca reforzar e repasar as fraccións. Por se tedes dúbidas, tamén van as solucións para vos axudar. Lembrade que o número de arriba chámase numerador e que o de abaixo, denominador. Lede ben o enunciado para saber que debedes facer. Ánimo!!! 



5. EP

6º. EP

martes, 28 de abril de 2020

EDUCACIÓN FÍSICA (PRIMARIA E INFANTIL)

Hoxe vamos realizar unha pequena "yincana" (combinación de diferentes exercicios)  En ocasións, no noso fogar  non temos moito espazo para poder movernos. 

Para adaptala a Infantil, facela sen utilizar as medidas, só os movementos (saltar, reptar...)

Deixovos un vídeo e as instrucións da mesma.






Instrucións: https://documentcloud.adobe.com/link/track?uri=urn%3Aaaid%3Ascds%3AUS%3A811341f3-e55a-4fac-ad45-2ef8a843aa89

DIVISIÓN (5º. e 6º. EP)

Hoxe vamos lembrar a división. Estade  moi atentos/as as que vos levedes. Recordade o truco da proba para saber se está ben feita.

Dividendo = divisor x cociente + resto

https://documentcloud.adobe.com/link/track?uri=urn%3Aaaid%3Ascds%3AUS%3A2ef26c29-799f-487c-a0b7-1f0c2d2681fa

LINGUA CASTELA (5º. e 6º. EP)

Nesta entrada vamos repasar e reforzar os contidos traballados en Lingua Castelá na 1º. avaliación.

5º. EP



6º. EP


lunes, 27 de abril de 2020

LINGUA GALEGA (5º. e 6º. EP)

Nesta entrada atoparedes o enlace para poder repasar os contidos da 1ª. avaliación de Lingua Galega para 5º.de Primaria.


  • 5º EP



  • 6º. EP

No enlace atoparedes todos os contidos do curso, pero ide repasando e reforzando so aqueles que traballamos na aula.

MULTIPLICACIÓN (5º. e 6º. EP)

No día de hoxe, vamos repasar e reforzar a multiplicación...lembrádevos de ter en conta as que vos levades para que todo saía ben. Ánimo!!!

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO 2020 (5º. e 6º. EP)

Hoxe é un deses días especiais que celebramos de vez en cando. O 23 de abril de cada ano, celébrase en todo España o "Día do Libro". Escolleuse este día porque un 23 de abril foi cando faleceu o escritor máis importantes da nosa literatura, Miguel de Cervantes Saavedra. Este autor escribiu Don Quijote de La Mancha, o libro máis importante da historia de aventuras.

En internet podedes atopara debuxos animados inspirados nesta personaxe.

No enlace atoparedes uns marcapáxinas para  celebrar e lembrar  o día de hoxe. Coloreádeo da maneira que máis vos guste.


ORTOGRAFÍA (5º. e 6º. EP)

Nesta entrada vades encontrar unha ficha para seguir lembrando e repasando o punto e coma Ánimo!!!

SINÓNIMOS E ANTÓNIMOS (5º. e 6º. EP)

Agora vamos repasar as palabras sinónimas, aquelas que teñen un mesmo significado, e as antónimas, significan o contrario. 


https://documentcloud.adobe.com/link/track?uri=urn%3Aaaid%3Ascds%3AUS%3Ae5f4b931-cf4b-4ad7-9f34-7793d674cd9a

MÍNIMO COMÚN MÚLTIPLO (6º. EP)


O alumnado de sexto de Primaria, nesta ficha vai repasar o mínimo común múltiplo (m.c.m). Lembrade que hai que sabe moi ben a táboa de multiplicar para que saía ben. 





https://documentcloud.adobe.com/link/track?uri=urn%3Aaaid%3Ascds%3AUS%3A8bb7d301-7b09-4901-b040-85fb0eefd3b1

COMPRENSIÓN LECTORA (5º. e 6º. EP)

No día de hoxe vamos reforzar a comprensión lectora, entender ben o que lemos para así poder facer con éxito  o que se nos pide nos exercicios. Ánimo!!!


5º. EP




6º. EP



miércoles, 22 de abril de 2020

CATEGORÍAS GRAMATICAIS (5º. e 6º. EP)

Nesta última entrada, vamos traballar e repasar as categorías gramaticais, en concreto os verbos, os substantivos e os adxectivos. Fixádevos moi ben para que saía todo perfecto. Ánimo!!!!




NÚMEROS DECIMAIS (5º. e 6º. EP)

A continuación, repasaremos e lembraremos os números decimais...hai algún exercicio onde lle hai que dar de comer ao cocodrilo Felipe, o cal  hoxe ten  moita fame xa que non almorzou.





ORTOGRAFÍA (5º. e 6º. EP)

Hoxe toca repasar e reforzar a ortografía, en concreto o B e o V. Ánimo!!!





martes, 21 de abril de 2020

NÚMEROS E OPERACIÓN DE SUMA E RESTA (5º. e 6º. EP)

Nesta última entrada, atoparedes operacións e problemas para repasar e reforzar as sumas e as restas...lembrade almorzar ben para non comer nada...Ánimo!!!!

SUXEITO E PREDICADO (6º.EP)

Agora o alumnado de sexto de Primaria lembrará como se pode saber cal é o suxeito e o predicado nunha oración. Lembrade que lle debedes facer unha preguntiña ao verbo para que vos axulle.

PRONOMES PERSOAIS (5º. e 6ºEP)

No día de hoxe vamos repasar e lembrar os pronomes persoais...aquel alumnado  que é castelán-falantes ten máis dificultade pero pensando e fixándose un pouquiño, podémolo facer perfectamente...Ánimo!!!



lunes, 20 de abril de 2020

ORTOGRAFÍA (5º. e 6º. EP)

Na última entrada repasaremos ortografía onde, moitas veces, atopamos algunha dificultade. Ánimo!!!

PREPOSICIÓNS (5º. e 6º. EP)

Tanto el LC coma en LG necesitamos as preposicións para entender  o que lemos,   para expresarmos a nivel oral ou para escribir con sentido. Aquí vos deixo un vídeo, un pouco diferente, para repasalas.


Tamén tedes aquí unha ficha para reforzalas.

MÚLTIPLOS E DIVISORES DUN NÚMERO (5º. e 6º. EP)

Na seguinte entrada, repasaremos os múltiplos e divisores dun número. Atoparedes un vídeo para lembralo e unhas fichas para reforzalo.



Múltiplos:


Divisores:

jueves, 16 de abril de 2020

FICHA CLASIFICACIÓN PALABRAS (5º. E 6º. EP)

Nesta última entrada atoparedes unha ficha para repasar a clasificación das palabras segundo a sílaba tónica. É moi sinxeliña.

CCSS (5º. e 6º. EP)

Xa que vimos as CN,  tamén é o momento de repasar cousiñas das CCSS.
No seguinte vídeo podedes ver como se fai un sistema solar para colorear. Podedes mirar polo libro para lembrar os  nomes dos planetas.




CIENCIAS DA NATUREZA (5º. E 6º. EP)

Despois do descanso, agora chega o momento de voltar a lembrar contidos das Ciencias da Natureza...
Atoparedes unha ficha para completar, unha para cada curso, podendo visualizar un vídeo para vos axudar...Ánimo...



5º. EP


6º. EP

viernes, 3 de abril de 2020

SUXEITO E PREDICADO (6º. EP)

Na seguinte entrada atoparedes unhas fichas para repasar o suxeito e o predicado, así como  vídeo para lembralo mellor.



PAPIROFLEXÍA E ORIGAMI FÁCIL (5º. E 6º. EP)

Para pasar un bo e divertido ratiño...podedes facer as seguintes figuras. En internet podedes atopar figuras de maior dificultade. Moito ánimo!!!!







EDUCACIÓN FÍSICA E PSICOMOTRICIDADE

Nesta entrada podedes atopar uns exercicios moi sinxelo e diverdidos para mover o corpo...vamos practicar ioga. Divertídevos moito.





PROPORCIONALIDADE (MAT. 6º. EP)

Nesta entrada, tedes un vídeo para repasar a proporcionalidade...Prestade moita atención.


TAREFAS 6º. EP DO 13 MARZO DE 2020

A continuación, encontraredes as tarefas entregadas o pasado 13 de marzo de 2020 (venres) para aquel alumnado que non acudiu ao centro.







miércoles, 1 de abril de 2020

SOPA DE LETRAS DE PALABRAS COMPOSTAS (5º. E 6º. EP)

A continuación atoparedes unhas fichas, unhas sopas de letras,  para traballar as palabras compostas...


EDUCACIÓN FÍSICA E PSICOMOTRICIDADE

Na área de Educación Física hai un bloque de contidos, B4: Actividade física e saúde onde se traballarán contidos relacionados coa mellora da saúde e a calidade de vida (alimentación, hixiene(corporal e postural), medidas de seguridade e prevención de accidentes...

No seguinte enlace atoparedes unha receita moi sinxela para facer unhas ricas gallegas para poder merendar ou almorzar dunha forma saudable...





XOGO PARA REPASAR AS CATEGORÍAS GRAMATICAIS DAS PALABRAS (5º. E 6º. EP)

No seguinte enlace podedes atopar un divertido xogo para repasar as categorías gramaticais...así repasamos xogando...Pasádeo moi ben!!!