martes, 31 de marzo de 2020

VERTENTES DOS RÍOS DE ESPAÑA (CCSS 5º. E 6º EP)

O último apartado das ciencias sociais son as vertentes dos ríos de España: vertente mediterránea, vertente cantábrica e vertente oceánica coas súas características  cada unha delas...

RÍOS DE ESPAÑA (CCSS 5º. E 6º. EP)


Seguimos a repasar as ciencias sociais...agora é o momento dos ríos de España...pero dunha maneira diferente, por medio dunha canción...

O RELEVO DE ESPAÑA (CCSS 5º. E 6º. EP)

Algo que podemos repasar no día de hoxe é o relevo de España. No seguinte vídeo explícase moi ben...atentos/as...

lunes, 30 de marzo de 2020

XOGOS DE MATEMÁTICAS (5º. E 6º. EP)

Agora é o momento das matemáticas...disfrútaas...


http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos_Mundoprimaria/primaria/index.html

XOGOS DE LINGUA CASTELÁ (5º. E 6.EP)


No seguinte enlace atoparedes divertidos xogos de Lingua Castelá. Elixe o teu curso e pasao moi, moi ben...

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos_MundoPrimaria/cyl-2018-lengua/lengua/index.html

PALABRAS HOMÓMINAS (5º. E 6º. EP)

Seguimos lembrando o traballado...agora é o momento das palabras homónimas...

PALABRAS SINÓNIMAS E ANTÓNIMAS (5º E 6º. EP)


Outro contido a lembrar son as palabras sinóminas, aquelas que teñen o mesmo significado... e as antónimas, as que teñen distinto significado...vamos!!!

PRONOMES PERSOAIS (5º. E 6º. EP)


No seguinte vídeo vamos lembrar que son os pronomes persoais...aqueles que substituen a un nome ou substantivo...prestade moita atención...é moi sinxeliño...ánimo

CIENCIAS DA NATUREZA (5º. E 6º. EP)

Outra área que temos que seguir facendo é a de ciencias da natureza. 

O traballo que se debe, en primeiro lugar, é  seguir  co animal fantástico elexido para o  ecosistema. Ánimo...

O alumnado  debe facer un debuxo de todos os aparellos dados do corpo humano nun folio cada un deles, escribir as súas partes e  facer unha pequena descrición de como funciona.



PLÁSTICA E VISUAL (5º. E 6º. EP)

O profe Álvaro informoume que aqueles/as que non remataron a exposición, que a sigan preparando para facer a presentación á volta do estado de alarma. As que xa se realizaron, sairon moi, moi ben.

domingo, 29 de marzo de 2020

FAMILIA LÉXICA (5º. E 6º. EP)


Se na anterior entrada vimos o campo semántico,non nos podemos olvidar da familia léxica das palabras...

CAMPO SEMÁNTICO (5º. E 6º. EP)


Seguimos repasando cousiñas...agora toca o campo semántico...

VERBOS REGULARES E IRREGULARES (6º. EP)

Outro contido a repasar son os verbos regulares (os que manteñen a súa raíz) e os verbos irregulares (non manteñen a raíz en todas as súas formas). A continuación, repasámolos no seguinte vídeo.

CONTRACCIÓNS DO ARTIGO (5º. E 6º. EP)

As contraccións foi algo que para algúns/as resultou bastante complicado, sobre todo, para aqueles/as que son castelán-falantes. Ímolas repasar un pouquiños...

PALABRAS INDIVIDUAIS E COLECTIVAS (5º. e 6º. EP)

No seguinte vídeo vamos repasar as clases de palabras. Neste caso son  as palabras individuais e as palabras colectivas. 

EDUCACIÓN FÍSICA E PSICOMOTRICIDADE

No seguinte enlace podedes ver varias coreografías para pasar un ratiño divertido e movidiño...desfrutádeo...


https://youtu.be/G923_rJIPHg

MULTIPLICAR E DIVIDIR CON DECIMAIS (MAT. 6º. EP)

O alumnado de 6º. de EP xa vai un pasiño máis adiante cos decimais...no seguinte vídeo podedes ver como se multiplica e divide con decimais.  

SUMAS E RESTAS CON DECIMAIS (MAT. 5º. EP)

Neste últimos días de clase, en 5º. de EP,  comezamos coas sumas e restas con decimais e deusemos moi ben. Deixovos un vídeo para non vos esquecer.
O alumnado de 6º. de EP tamén lle pode botar un olliño.

DIPTONGO E HIATO ( 5º. E 6º. EP)




Outra cousiña que nos custa son os diptongos e os hiatos...pois vámolos repasar no seguinte vídeo. Prestádelle moita atención...

GRUPO NOMIMAL (5º. E 6º. EP)



Neste vídeo repasaremos o grupo nominal. En 5º. estámolo a ver por primeira vez e en 6º. xa o demos na 1º. avalición pero necesitamos telo moi clariño para poder analizar as oracións. Ánimo...

NÚMEROS ROMANOS (MAT. 6º. EP)


Xa queda algo atrás este tema, pero sempre vén ben repasalo. É un vídeo moi sinxelo. Forza...

NORMAS DE ACENTUACIÓN (5º. E 6º. EP)


Nesta entrada, deixovos un vídeo onde se repasan as normas de acentuación, que tanto nos custa. Prestádelle moita atención.

OS XOGOS DOS NOSOS AVOÍÑOS E AVOÍÑAS (EDUC. FÍSICA)




Esta unidade didáctica é a que estaábamos a traballar antes da suspensión das actividades lectivas, polo que vos deixo uns pouquiños xogos populares e tradicionais para que os vaiades coñecendo e practicando.


MÁIS EDUCACIÓN FÍSICA NA CASIÑA







Aquí vos deixo un divertido xogo para pasar estes días na casdiña, podendoo facer toda a familias,iso sí, segundo as posibilidades de cada un/unha.


https://documentcloud.adobe.com/link/track?uri=urn%3Aaaid%3Ascds%3AUS%3A3a3491c9-ef50-4a7f-9dc7-325f8cd33dfb

sábado, 28 de marzo de 2020

DÍA 15 DE MARZO DE 2020




Sabedes que de vez en cando, celebramos algúns días que son especiais. O pasado 15 de marzo de 2020 foi o "Día Mundial do Consumidor/a" Esta vez non estamos no colexio pero aquí vos deixo un pequeno vídeo para celebralo e aprender o seu significado.

ÁREA DE CIENCIAS SOCIAIS (5º e 6º. EP)


Nesta nova entrada, póñovos un vídeo moi sinxelo para lembrar o sistema solar.

14 DÍAS, 14 RETOS (EDUC. FÍSICA)


A continuación, atoparedes uns exercicios moi sinxelos e divertidos para facer os vindeiros días. Moito ánimo. 💪💪💪💪

https://documentcloud.adobe.com/link/track?uri=urn%3Aaaid%3Ascds%3AUS%3Adfa53291-0b13-449e-a03c-e907dd20500f

DEBUXO DE ÁNIMO E FORZA

Para cando nos volvamos a ver, podemos decorar a nosa aula, cousa que tanto vos gusta, cos vosos debuxos de ánimo e forza. Tomouse como símbolo un debuxo, coloreado, do arco da vellos co lema "Todo vai sair ben" pero podedes engadir todas aquelas oracións de ánimo e forza que se vos ocurran.


CANCIÓN PARA TER ÁNIMO E FORZA NESTES DÍAS



A continuación, deixovos un vídeo para coller forzas e ánimos nestes días, se nos sentimos un pouquiño tristes.   💪💪💪💪

ÁREA DE LINGUA GALEGA

Para ir rematando, tomamos agora como referente a área de Lingua Galega. Tamén podedes ler libros en lingua galega, todos os que queirades, fixándovos de novo na ortografía e no vocabulario.
Deixovos tamén uns enlaces para ter en conta:

  • 5º. EP:


  • 6º. EP:

ÁREA DE LINGUA CASTELÁ

Outra materia que temos que repasar é a Lingua Castelá. A modo de diversión, podedes ler todos aqueles libros ou comics que teñades pendentes, eso sí , fixándovos moito na ortografía e utilizando o dicionario cando non entendamos algunha palabra.

A continuación, póñovos uns enlaces para repasar.


  • 5º. EP:


LENGUAhttps://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202025253_U32_U1_U101_U2


  • 6º. EP:


LENGUAhttps://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202026263_U32_U1_U101_U2

ÁREA DE MATEMÁTICAS

Nestes días debemos ter presente, que hai que repasar os contidos dados.Nos seguintes enlaces, podedes apotar execicios para repasalo. Ademáis mostrovos un vídeo para repasar algunhas cousiñas.

  • 5º. EP: 

  • 6º. EP:


PSICOMOTRICIDADE PARA OS MÁIS PEQUENOS/AS


Os máis pequenos/as da casa son, normalmente, os que máis enerxía teñen. Para eles/as vai dedicado este vídeo dos "Cantajuegos" ("Soy una taza")

EDUCACIÓN FÍSICA NA CASIÑA

Nestes días que estamos a pasar na casiña, tamén podemos facer Educación Física, e pasar así un ratiño divertido mestras facemos exercicio. A continuación, aparecerá un vídeo realizado por un amigo meu, o profe Ricardo,  coa grande axuda dos seus propios fillos (Xavi e Iago). Os exercicios pódense adaptar segundo a idade. Lembrade sempre facer a parte do QUECEMENTO, para acostumar o corpo ao exercicio físico e así non lesionarnos e facer a parte de VOLTA A CALMA, para relaxarnos e volver ao noso estado natural.